Thursday 02 de May de 2024

O Concello destina 93.000 euros para financiar o parque de Sambollo, os accesos á praia de Marín e o servizo de socorrismo


● Aprobouse hoxe en pleno extraordinario un suplemento de crédito con este importe.

● Serve para completar o orzamento necesario para executar o parque de Sambollo (43.963,55 euros) e a mellora da contorna da praia de Marín (103.600 euros).

O Concello de Miño aprobou hoxe en pleno extraordinario un suplemento de crédito por valor de 93.796,66 euros para financiar os gastos de contratación do servizo de socorrismo e os proxectos de construción dun parque en Sambollo, recuperación ambiental e acondicionamento dos accesos á praia de Marín.

Así, completarase o orzamento necesario para executar o parque infantil de Sambollo, que ten un orzamento total de 43.963,55 euros, e para a mellora paisaxística da contorna da praia de Marín e dos accesos a esta, que conta cun orzamento total de 103.600 euros. O goberno local ha conseguido senllas subvencións da Xunta de Galicia para financiar estas dúas actuacións.

Doutra banda, e #ante a inminente chegada da tempada de verán, é necesario dotar do orzamento necesario para asumir os gastos de contratación que supón o servizo de socorrismo, para o que se estima necesario un equipo de persoal formado por 8 socorristas como mínimo.